4 de out. de 2017

Vinde ver o Vindel

A poesía é intemporal e traspasa todas as fronteiras. Atravesa séculos e milenios sen perder esencia nin forma. O tempo non pasa por ela, pode mudar o significado ou perderse unha palabra, pero a emoción que transmite permanece inalterada.
Estas cantigas atribuídas a Martín Codax son fermosísimas cartas de amor cantadas por unha moza ao seu amigo amado á beira do mar de Vigo. A música orixinal que as acompaña vísteas coas mellores galas.
- (I) Ondas do mar de Vigo
- (II) Mandad’ei comigo ca ven meu amigo
- (III) Mia yrmana fremosa treides comigo
- (IV) Ay Deus se sab’ora meu amado
- (V) Quantas sabedes amar amigo
- (VI) En o sagrad’ e Vigo (Sólo texto, sin notación musical)
- (VII) Ay ondas que eu vin veer

Música antiga
Martin Codax



As cantigas de Martin Codax, xunto con outras cantigas medievais galego-portuguesas, chegáronos a través dos Cancioneiros da Biblioteca Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa (Colocci-Brancuti), pero é a partir da descuberta en 1914 do Pergamiño Vindel, onde aparece a notación musical de seis delas, que se poden interpretar.

Tras diversas peripecias -que nos conta a película na que participan descendentes do propio Vindel- o famoso Pergamiño acaba na Biblioteca Morgan (The Morgan Librery & Museum) e de aí chega agora a Vigo para ser exposto no Museo do Mar por algúns meses e a onde nós iremos facer na segunda quincena de outubro unha visita guiada.

Alí, á beira do Mar de Vigo, onde tempos atrás unha moza  cantou  e tal vez encantou as ondas.







Este documental tamén nos fala do descubrimento do Pergamiño Vindel:



O pergamiño Vindel volta a Vigo na prensa:

Faro de Vigo
El País

Ningún comentario:

Publicar un comentario