Un curso máis que se acaba e para celebralo, merenda con pulpo e moita música e baile.
O Coro presentou na Sala de Usos Múltiples pezas novas como a mítica do Rodaballo.
Xa no patio, o
grupo de Baile "As Faltriqueiras de Rodeira" co Grupo de Gaiteiros "Lume
de Karoso" danzaron e tocaron a xota "A miña Rosiña", a Muiñeira dos
nenos e a Danza da Maza do Ramo.
O pulpeiro colocou os trebellos á sombra para preparar o pulpo á feira e mentras merendamos a música non parou. Empezou o dúo de zanfonas Sara&Laura, incorporándose despois Carlos Quintá no acordeón diatónico e Úrsula na requinta. A eles uníronse as gaitas e outros instrumentos, as bailadoras e o público que non resistíu a tentación de botarlle un agarrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario