Entramos no recinto onde se atopan os xacementos e mais o Centro de Interpretación do Mundo Romano (CIMR), na finca Mirambel, ao pasar a praia do Vao e fronte á illa de Toralla.
No cartel, o paspallás que serve de logo ao centro de interpretacíón e que está inspirado nos deseños dos mosaicos atopados na finca.
Formamos dous grupos, un vai directamente ao CIMR e os demais dirixímonos coa arqueóloga que nos guía a interpretar os restos escavados.
Tanto o edificio como os accesos están feitos en madeira, material natural e renovable que non incide tan negativamente na paisaxe dunar deste piñeiral no que se atopan os xacementos.
A guía dá unha explicación previa á entrada na área das escavacións: tempo en que se constitúen as vilas, como estaban distribuídas as súas dependencias, actividades comerciais e de subsistencia dos moradores, recursos que explotaban, costumes, alimentación, etc.
A continuación comeza o precorrido polas distintas "estancias" onde a arqueóloga vainos desvelando curiosidades e datos de interese sobre a vida cotiá na antigüidade, a extracción e almacenamento do sal, o sistema de condución do calor a través de ladrillos refratarios ou a distribución de lareiras, alcobas, et.
Ningún comentario:
Publicar un comentario