Dise que as aparencias enganan, que non todo o que reloce é ouro, que é no fondo das augas que están os tesouros. Que, como decía Lois Pereiro, "a amizade protexe e o amor cura". Pois esta tarde lembramos todo isto da man do grupo de teatro do centro Xoán XXIII que representou para nós na Casa da Cultura a súa obra "Bela e Besta"
Alumnado de EBI e ESA acudíu á representación, á sombra porque xa se sabe, a Casa da Cultura de Cangas non está pensada para cando vai calor.
Pili ademais de estar no Xoán XXIII está con nós no instituto e este curso acaba Secundaria por Adultos, igual que o curso pasado acabou Sofía (abaixo detrás da máscara).
Hai momentos en que a realidade parécese a un xogo de máscaras e espellos.
Ao quitar a máscara de pelica, Besta transfórmase no que xa Amor sabía que habitaba dentro dela.
En Bela e Besta danse as mans e
danzan, corren e rin expresando co corpo o que as palabras non sempre
conseguen comunicar. Celébrase o amor, facendo festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario