Despois de parar na feira de Escairón onde os postos de polbo fumegaban xa a esas horas, dirixímonos ao Ecomuseo de Arxeriz. No edificio principal a guía falou do castro ubicado a poucos metros de alí e dos achados arqueolóxicos atopados nas excavacións. Na adega, ademais de ouvir sobre a tradición vinícola da zona vimos os típicos cestos culeiros e todo tipo de bocois e noutra sala, moito máis grande, as barcas que se utilizaban aínda non hai moitas décadas para cruzar dunha á outra marxe do río. Sobre a maqueta dun mapa da comarca constatamos a riqueza da zona en monumentos megalíticos (como o dolmen de Abuime), mosteiros e pequenas igrexas románicas.
Ecomuseo de Arxeriz
A primeira hora da tarde, visitamos o Mosteiro das Bernardas en Ferreira de Pantón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario