30 de out. de 2014

Santa Mariña Dozo

Na "víspera da víspera" de todos os santos, adecentando as tumbas no cemiterio de santa Mariña.

O grupo escoita con atención ao profe que explica estilo, entre románico e barroco, e outros detalles desta sorprendente igrexa da que depois dun incendio quedou en pé o esqueleto de pedra.


O cambio de hora do domingo pasado fai que a tarde nos quede curta para seguir coas actividades previstas pero aínda proxecta nos muros de santa mariña unha luz ben outonal xusto antes de poñerse o sol na ría de Arousa.


 E faise noite... 


camiño do Muíño da Seca, un muíño de marés que deu moito que lidar, debido ás explicacións pouco convincentes da guía que non sabía con quen ía encontrarse: nada menos que mariñeiros e muiñeiros!


Ningún comentario:

Publicar un comentario