Valeu a pena esperar e logo de escoitar as explicacións da guía o grupo dispersouse polo prado de Quintáns (con)fundíndose coas esculturas, subindo a elas. "Prohibido non tocar" dixérannos.
Dentro dos bambús, unha cova para sentir o primitivo, o acougo e o silencio.
Pedra, madeira, metal, auga e a vexetación reflectida nela. Houbo quen decía que aquilo non era o sitio de Manolo Paz senón a Paz de Manolo!
e si, respirábase moita tranquilidade, cada quen á súa bola polo prado adiante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario