As roupas e
calzado son outro xeito de identificarse, como os longos kaftáns e as
babuchas marroquís ou os coloridos tecidos traídos por
Margaret que vestíu un traxe tradicional do seu país, Ghana, e mostrounos algunhas
das teas de cores con que se confeccionan alí os vestidos das mulleres.
Parece que os pasteis sabían que gorentaban que enseguida acabaron.
As receitas son de Mina.
MEDIAS LÚAS ou CORNOS DE GACELA (Kaab laghzal)
Ingredientes:
250 gr de manteiga
2 vasos de azucre
2 vasos de aceite
2 ovos
1 vaso de coco
1 sobre de levadura
1 kg fariña, para añadir pouco a pouco
Faise unha masa cos ingredientes. Cando está a masa preparada fanse medias lúas e métense no forno a 180º durante 25 minutos. Despois bótaselle azucre glass enriba.
FKAKS
Ingredientes:
1 vaso de azucre
1 vaso de aceite
3 ovos
1 sobre de levadura
1 kg de fariña
améndoa troceada
Elaboración:
Unha vez feita a masa con todos os ingredientes, estírase en forma de barras de pan e píntase coa xema de ovo. Métense no forno a 180º durante 15 minutos. Despois deste tempo sácanse e pónselles um trapo húmido enriba outros 15 minutos até que se enfríen. Córtanse as barras en rebanadas e vólvense meter no forno 10 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario