O galego é unha lingua con dimensión intercontinental.
Como lingua irmá do portugués, falando galego somos quen de entendérmonos en varios países de África, América e Asia e chegar case a Oceanía por causa de que en Timor-Leste tamén se fala portugués.
Na exposición destes días revisamos os países africanos de fala portuguesa: Cabo Verde, Guinea Bissau, San Tomé e Príncipe, Mozambique e Angola, ademáis dos países africanos dos que veñen algunhas das persoas que aquí estudan, entre eles Gana, Marrocos, Costa de Marfil e Madagascar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario