En Vila Praia de Âncora encóntrase o dolmen da Barrosa. Este monumento megalítico consta dunha serie de esteiros verticais que sosteñen unha enorme laxe enriba, o conxunto forma unha cámara á que se accede por un corredor, tamén de pedras chantadas máis pequenas, simbolizando así o ventre da nai Terra.
Nos mesmos terreos que acollen o dolmen están as hortas comunitarias de Âncora, que tamén visitamos e onde cada quen recolleu ideas ou inspiración para a súa propia horta e para a horta común na que tamén traballamos.
Deixamos para o final o paseo polo piñeiral do Camarido e a praia de Moledo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario