15 de feb. de 2013

Sobremesas no entroido

 




FLORES DE ENTROIDO
-400 gr de fariña
-2 Ovos
-1 ½ Vaso de leite
-6 Culleradas de azucre
-Raladura de limón
-Anis
-3 Culleradas de levadura royal
-Aceite para fretir
-Azucre glass
 
Nun recipiente fondo bátense os ovos co azucre. Logo engádeselle a fariña, o limón, o licor, o royal e o leite. Mestúrase todo moi ben. A pasta ten que quedar lixeira, tirando a espesa.
Deixar repousar uns minutos. Ponse unha tixola ao lume con moito aceite (ten que quedar o molde ben cuberto de aceite), móllase  o molde dentro e cando estea moi quente métese na pasta sen que chegue aos bordes. Sacar axiña e verter na tixola, deixando uns minutos até que se solte a masa.
Sácanse as flores e póñense a escurrir no papel de cociña.  Por último espolvoréase o azucre glass por riba das flores.
 Receita de Rosario Miranda, 2º ESA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario