23 de feb. de 2013

Lendo a Rosalía

Un frío 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía, a poeta máis nosa porque con ela a lingua galega se restableceu para ocupar o seu merecido lugar na literatura escrita, saíndo do tobo do escurantismo. A muller que coa súa poesía leva a nosa fala polo mundo adiante publicaba cento cincuenta anos atrás, o 17 de maio de 1863, o seu libro "Cantares gallegos". Por iso este ano é festa da poesía para nós, e participaremos en canta proposta se nos presente. Só falta aprendermos a dominar os nervos e superar o medo a ler en voz alta e, quen sabe, igual -algunha xa o fai-, acabemos recitándoa de memoria, como se fíxo de sempre cos cantares populares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario