Estamos organizando unha saída a Porto o próximo 31 de xaneiro, martes, con visita guiada a unha das adegas de Vila Nova de Gaia e mais a unha exposición no Museo de Arte Contemporánea da Fundación Serralves. Escollemos ese día por ser o fin do primeiro cuadrimestre. As clases para 2º e 4º de ESA comezan o 1 de febreiro.
Para quen teña interese na viaxe, sairase de Cangas ás 8:30 e a volta está prevista para as 21h. A mediodía deixarase tempo libre no centro da cidade para almorzar ou pasear.
Se queredes dar unha ollada aos sitios que veremos, aquí van os enlaces:
Porto: Património da Humanidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario