25 de xan. de 2012

CIDADE DO PORTO

Ai esteve quase morto no deserto
e o Porto aquí tão perto...
(no retrouso da canción de Sérgio Godinho)








Hai imaxes de Porto inseparables do seu río Douro: a ponte de ferro que o atravesa da Ribeira á Vila Nova de Gaia e as varias pontes até chegar á foz, os barcos rabelos que transportaban en bocois o viño do Porto dende os socalcos río arriba, o sol arrancando tons de terra ás casas da Ribeira... A Baixa ou cidade histórica está repleta de rúas e ruelas con cafés, librerías e outras tendas de vello, igrexas barrocas coas súas torres -a máis alta delas, a dos Clérigos-, claraboias nos tellados, xardíns, prazas... mais non faltan as rúas muito chique e os bares modernos como o café Vitória, aberto en 2010 ou o clásico e antigo café Majestic na concurrida e comercial rúa de Santa Catarina .

Non se pode deixar de visitar a emblemática livraria Lello, ao pé da Torre dos Clérigos.

Ademais de Godinho, tamén Rui Veloso dedica unha canción á cidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario