12 de out. de 2011

por fin a Campo Lameiro?

O próximo mércores 19 de octubro visitaremos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro logo de varios intentos infructuosos, incluíndo un sábado en que nos deprazamos alí tres profes para preparar a visita e nos encontramos un cartel e unha valla que vedaban a entrada.


Xa non se pode nin entrar no monte?

O Centro de Interpretación e o Parque foron inaugurados a principios deste verán e agora contan con visitas guiadas e distintos Obradoiros.
A inauguración foi toda unha parafernalia oficial, saíu na tele e todo iso, pero hai tempo que se tratan de preservar e valorar os petroglifos na zona, como se aprecia no seguinte vídeo con aportacións e interpretacións de estudosos do tema e de veciños e veciñas de Campo Lameiro.





Outra novidade importante no mundo dos petroglifos é que recentemente, o Instituto de Estudos Miñoranos , coa colaboración do Instituto de Cerámicas de Galicia e a máquina para escanear en tres dimensións do Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias empezaron a experimentar cunha nova técnica de escaneado en profundidade que permite gardar e reproducir fieis copias destas marabillas prehistóricas con todo detalle.
O proxecto foi presentado na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar.
A noticia no País
Os petróglifos 3D
Arte rupestre

Ningún comentario:

Publicar un comentario