Paola Guimeráns, artista plástica que investiga novas técnicas aplicadas á creatividade traballou con nós na biblioteca o chamado "soft circuit". Comezou explicando as bases para construír un circuito eléctrico cun fío conductor téxtil (había tamén pezas de tea conductora que non chegamos a utilizar), unha pequena batería e un diminuto "lead". A partir de aí veu a parte creativa, a máis difícil dada a nosa falta de práctica. A maioría puxo ollos luminosos a fantasmas e morcegos dado que preparabamos o Samaín. De calquera xeito, a experiecia foi interesante e sobre todo divertida e a pesar de que os resultados non foron espectaculares os circuitos funcionaron!
Grazas, Paola e boa sorte por Nova Iorque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario