13 de xuño de 2011

cosendo redes



Cada mes de maio despréganse carteis para celebrar a intercultura. Esta vez a proposta era unir redes de distintos mateirais, texturas, tamaños e cores como símbolo de diversidade cultural.

Na mesa redonda un cesto con agullas de madeira, fío e mallas de pesca, de laranxas, de allos ou cebolas e restos de vellos tapetes de encaixe. Pode que algúns cachos os trouxera o mar. Só había que xuntalos nunha renda xigante, unha enorme rede de solidariedade e participación.

O que disfrutaron as redeiras da tarde empatando os anacos de cores con cosidos de artista... Non facía falta decir nada, as mans expertas xa o decían todo deixando neste labor colectivo a súa pegada artesana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario