3 de maio de 2010

poemas e flores de abril

Nas clases de nivel II celebrouse o día do libro con poemas e flores.
O tema das poesías era adicarllo a unha compañeira,

logo de recitarllo á compañeira elexida, fíxoselle entrega do agasallo:
un poema é unha flor.
Sairon versos con arrecendo a primavera,
non se sabía onde empezaba o poema
se na flores ou nas letras,
as clases enchéronse de camelias, rosas, margaridas,
orquídeas, tulipáns, calas ...
foi un día de emocións,
e logo como non vas a emocionarte cando che regalan flores e poemas?
Temos que facer o día do libro, todos os días do curso...

Ningún comentario:

Publicar un comentario