Unha exposición de fotografía contemporánea na sede da Fundación Pedro Barrié da Maza realizada polo artista brasileiro Caio Reisewitz titulada Maracutaia (palabra brasileira que significa engano, trama ou manobra cun fin concreto).
As fotografías expostas, realizadas polo artista dende o ano 2002 ata o 2009, son paisaxes, algunhas de gran formato e outras de formato máis íntimo como os seus fotomontaxes que inciden na relación do home coa paisaxe e reflexiona sobre o deterioro do espazo natural pola nosa actitude irresponsable, xa sexa a partir da figura dunha árbore arranxada de raíz, co gando que arrasa o verde, co lume ou coas construcións que contaminan as paisaxes costeiras.
O que máis chamou a atención dos visitantes foi a luz brumosa das imaxes, a ausencia en xeral de persoas e a técnica empregada polo artista nas fotografías de gran formato e nos fotomontaxes.
A outra exposición sobre o corpo humano, instalada na Estación Marítima, está realizada con cadáveres asiáticos cedidos á ciencia e nos amosa o interior do corpo.
Por medio dun MP3 que entregan a cada visitante, unha voz diríxeche a través da exposición e vai explicando a estrutura e o funcionamento dos diferentes órganos, sistemas e aparellos do noso corpo dende a fase embrionaria ata a vellez facendo fincapé nas diferenzas segundo o sexo. A través de diapositivas de gran formato situadas nas paredes, fainos reflexionar sobre a necesidade de ter hábitos de vida saudables ademais de expoñer curiosidades sobre o noso corpo que permiten coñecernos un pouco mellor. Tamén hai algúns órganos doutros mamíferos (o estómago dunha cabra, o cranio dun cabalo, o corazón dunha vaca...) e o esqueleto dun oso, onde pódese apreciar as diferenzas e semellanzas co corpo humano.
Á saída desta exposición, mentres esperábamos o barco de volta a Cangas, nos atopamos cun barco de vapor que podíase visitar, o Hydra II, algúns de nos subimos e vimos a sala de máquinas, o ponte e o antigo alxibe transformado nunha gran sala de estar onde se fan obradoiros para os nenos relacionados co mundo mariño. Dixéronnos que é un dos poucos barcos de vapor en activo e antigamente dedicábase a levar auga aos grandes barcos que polo seu calado non podían entrar na ría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario