17 de abr. de 2020

Hoxe soubemos que unha alumna de EBI, Filomena Rodríguez, faleceu por coronavirus, tras varias semanas na UCI. Sentímonos tristes e lamentamos a súa perda. Desde aquí queremos mandar un abrazo a súa familia e a todas as compañeiras, compañeiros e profes do instituto que compartiron bos momentos con ela.



Filomena foi sempre unha muller loitadora que conseguiu co seu esforzo impoñerse ás adversidades e sempre procurou facer realidade os seu soños como o de viaxar e coñecer novas cousas na escola. Era unha compañeira e alumna excelente. Tiña moito interese por aprender e un gran afán de superación. 
Os seus profesores e compañeiros lembrarémola e sempre estará presente nos nosos corazóns.



Ningún comentario:

Publicar un comentario