14 de abr. de 2020

Dentro de casa, ollando cara a fóra

Desde o Caderno de Bitácora queremos compartir distintas visións do confinamento. Facémolo primeiro a través do WhatsApp e traémolo ao blog para deixar pegada destes inusuais días.

A proposta é escribir o que se ve desde a ventá ou desde o muro da finca. É ir máis alá das paredes que nos limitan e airearse un pouco contemplando o que hai detrás. Despois podemos dar un paso adiante e empezar a imaxinar.

Imaxinar o que non vemos e o que non sabemos.
Que pasa baixo as augas da ría? A onde vai aquel barco que sae ao serán? Onde aniñará aquel merlo? Que comen, agora que pecharon as terrazas, as gaivotas,  as pombas, os pardais?

Van chegando os exercicios escritos con distintas vistas da cidade e do campo e distintas perspectivas da ría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario