4 de dec. de 2019

Visita guiada á exposición "Galaicos. Un pobo entre dous mundos"


 O día 3 de decembro o alumnado de EBI visitou o museo de Pontevedra para ver a exposición de "Galaicos. Un pobo entre dous mundos". Nesta visita, puideron valorar a importancia da cultura galaica mediante a observación de obxectos arqueolóxicos datados dende a prehistoria ata a antigüidade tardía, así como imaxes de xacementos galegos como o de Santa Tegra ou o da Lanzada. Asemade, tamén visitaron unha sala con diversas obras orixinais de Castelao, artista de Rianxo e figura mais importante da cultura galega do século XX, sendo narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político.
Aquí van unhas fotos da saída.







Ningún comentario:

Publicar un comentario