21 de mar. de 2019

Cereixeiras en flor





En Rodeira temos o noso Jertes particular, con media ducia de cerdeiras inzadas de flores onde posa a lúa case chea no serán.
Co ceo ben azul en plena tarde son dignas de admiración.
Se cada flor se converte en cereixa, que enchenta para os merlos que son os que lle van chegar!
Con algo de sorte, se os paxaros deixan algunha sen comer igual podemos catalas para ver se son doces e se os enxertos do ano pasado funcionaron.

É case como se nevase pero co calor do sol...

A primavera é o que ten.







"Árbores dando os froitos e ti chea de flores brancas 
diminutas coma caramelos atraendo insectos, 
as avespas polinizando nese devir dos ciclos 
que a natureza marca. Ti debaixo das estrelas 
e da lúa  ofreces os mellores frutos cando o sol quenta 
e os días están claros. Ti que es alimento
de múltiples paxariños, algo terás
gardado para min. Pois eu son quen ten cuida,
te mima, te rega, te poda, te abona. 
Cando deas as cereixas collereinas con ledicia, 
satisfación, agarimo e delicadeza 
pois es misterio para quen agora te está alabando. 
Cerdeira."
                                                               Merchi Bermúdez



Ningún comentario:

Publicar un comentario