11 de mar. de 2017

Mulleres que abriron portas ocupan o valado


Se a pobo non vai ao concerto hai que sacar a música á rúa, se non vai ao museo as artes plásticas que saian tamén á rúa... Nós hai tempo que sacamos algunhas das propostas e proxectos que se traballan no centro portas afora para que o pobo transeúnte as lea, as fotografíe, as comente ou se recree. Arredor do oito de marzo asoman á beirarrúa un centenar de biografías breves de mulleres que deixaron a súa pegada na Galiza e outras tantas polo mundo adiante. A ver se as súas reseñas resisten como elas resistiron, contra vento e marea.


Ningún comentario:

Publicar un comentario