Nesta terra con máis de mil km de costa (e que non chega aos 30000 km2 de superficie) a relación das mulleres co mar foi sempre intensa. Grazas a estas pinturas, podemos recrear a vida das nosas labregas do mar, mariscadoras, redeiras, vendedoras carregando patelas de peixe, traballadoras na fábrica de conservas, mulleres ao pé do mar, mariñeiras en terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario