David Hockney desvela neste documental as técnicas ópticas utilizadas na pintura en pleno século XV para realizar obras de arte proxectando paisaxes, obxectos e persoas reais directamente sobre o lenzo por medio de lentes e espellos cóncavos que permitían unha asombrosa calidade fotográfica. Pintores como Vermeer, Brunelleschi, Van Dyck, Velázquez e tantos outros usaron a cámara escura moito antes de que se inventara a máquina fotográfica. A fotografía chegou máis tarde xunto cos productos químicos capaces de fixar as imaxes.
A partir de aí a pintura perdeu interese por reproducir a realidade con precisión -cousa que xa facía a fotografía- volvendo á subectividade do a simple vista para representar o mundo de xeito máis creativo, chegando a asemellarse ás pinturas anteriores ao uso de trebellos ópticos como se aprecia comparando este Cristo bizantino e un retrato realizado por Van Gogh en 1889.
En consecuencia e como reacción á chegada da fotografía, a finais do século XIX comeza na pintura a época vangardista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario