17 de mar. de 2016

Aprendendo a ler a música

A música, en particular o canto, forma parte das nosas vidas desde quizais antes de nacer: cantigas de berce para dormir, cantigas de roda para brincar,  palabras graves e sonoras, sons incomprensibeis e moi agudos cos que nos chaman, píos de paxaros, chíos de gaivotas, cancións que soan na radio e na tele,  ritmo por todas partes... Tanto, que sería do máis natural, igual que acabamos por falar sen darnos conta, cantar tamén como se nada. E igual que aprendemos sen querer a ler e escribir palabras, por que non aprender a ler e escribir notas coa tranquila naturalidade de quen cose e de quen canta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario