Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

1 de nov. de 2017

Pero... como entraron as arañas?

Subiron polas paredes...

colándose por unha xanela aberta e
e
por máis que se lle deu con paus
tratando de espantalas


  elas cada vez eran máis e máis,
                tantas que cubriron toda a fachada.
Pero sempre hai xente que non lle ten medo a nada,
e menos ás arañas feitas con paraugas




31 de out. de 2017

As arañas entran no instituto


Houbo quen comentou que o equipo de limpeza non traballaba como debía, que a ver se quitaban as arañeiras dos recantos, que a cousa das arañas viña por causa do calor e dos incendios... o caso é que cada vez estes bichos son máis e máis grandes! Se hai que atreverse a enfrentar medos e fobias esta é a nosa oportunidade!