4 de feb. de 2022

Iniciación á grafía xaponesa

Este xoves dentro da nosa programación sobre "Linguas e linguaxes" Beatriz Regueira, compañeira de matemáticas do instituto, regalounos unha charla de Iniciación á grafía xaponesa. 
Comezamos pola xeografía e as distintas rexións ou prefecturas do país como por exemplo Hokkaido, ao norte, onde destaca a actividade agrícola.
Tras unha breve introdución histórica pasamos ao tema lingüístico propiamente dito.      Xapón foise repoboando por xente proveñente de países como China e Corea que foron chegando ás distintas illas que constitúen o país. 

Os primeiros tempos a lingua foise diferenciando das súas respectivas orixes e adquirindo características propias. Neceu o xaponés pero nos seus primeiros tempos era só unha lingua falada.

Sobre o século VIII importáronse signos da escrita chinesa  adaptándoos á lingua que se falaba en Xapón.


Ese "alfabeto" a base de ideogramas ou ideas escritas é o chamado kanji. Resulta difícil de aprender porque hai que memorizar unha lista interminable de signos (na escola ensínanse uns 3000 mais estímase que existen uns 40.000) con significados distintos segundo o contexto. Aínda que se poden descompoñer en partes (radicais e outras) o que fai un pouco máis doada a aprendizaxe. 


Cara ao século X, a partir do kanji inventáronse outros alfabetos, ou máis ben, silabarios, que poden escribirse en vertical de dereita a esquerda ou ao xeito occidental de esquerda a dereita e en horizontal.  A primeira maneira implica que moitos libros teremos que comezar a lelos "polo final".


O hiragana

É o primeiro achegamento que se fai á escrita nas escolas. É fonético, de xeito que cada un dos caracteres representa un son e lese do xeito que se escribe. 

Foi creado por mulleres da aristocracia.

As vogais son as mesmas que en español só que en vez de enumeralas na orde en que nós as dicimos: 

a e i o u, 

en Xapón din 

a i u e o.


O katakana

Utilízase actualmente para escribir palabras estranxeiras, e para certas expresións ou "entrecomillados". Úsase moito na literatura manga.

Foi creado por monxes budistas.



Tamén está o sistema ròmaji que significa "letras de Roma" para transcribir o alfabeto latino e usado basicamente en turismo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario