No alboio hai moitas cousas:
o legón, o sacho, a gadaña, o gancho. O arado de ferro e o de madeira. O fouciño. Corda, sementadora, sachadora, arrendadora. O carro das vacas, o xugo, o temoeiro. A grade, a lagareta, a estrugadora, a máquina de debullar o millo. Tamén teño alí unha rateira que me fixo meu irmán. Teño unha pala, picocha, picaraña, carreta, máquina de sulfatar, tixeiras de podar. A peneira, o cribo, o banco de matar o porco, os cestos de ir á herba. Teño un pilón para lavar ao enxoito ou á sombra no verán. Tamén teño a lareira, o trespés, unha gramalleira para colgar a caldeireta.
Josefa Tubío Blanco
Estas son as cousas que garda Josefa no seu alboio.
E ti, que gardas no teu?
Ningún comentario:
Publicar un comentario