Por que será que a chuvia ten tantos nomes nesta terra? É que nunca chove igual, a chuvia sempre é distinta. Haina que nos sorprende de repente e deixa todo anegado e haina que molla sen que pareza que chova. Entre unha e outra, toda unha paleta de chuvias coma se fosen matices de cores.
Estes días morriñentos e cheos de poalla tan húmidos que o empapan todo préstanse a escribir e son capaces de deixar no papel a marca das pingas e o barullo dos cairos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario