27 de mar. de 2020

Propostas ao alumnado de EBI

Esta é unha parte do informe da titora de EBI I que propón ideas que nos poden servir tanto a profes de adultos como ao resto do alumnado:
Co alumando de EBI non se puido levar a cabo a realización de actividades online,
nin coas aulas virtuais, posto que a gran maioría non dispoñen de dispositivos cos que conectarse.
Non obstante, si que se realizaron chamadas aos seus teléfonos para preguntarlles que tal o levaban,
xa que esta situación non é agradable para ninguén, e moito menos para este colectivo, dado o risco
que supón. 
É por iso que foi imprescindible darlles ánimos, transmitirlles unha mensaxe de calma, desexarlles
paciencia e sobre todo dicirlles que desta situación imos saír e que volveremos á escola.
Ademais, tamén se procurou ter unha proximidades, que sintan que poden contar connosco
para o que precisen, evitando desta forma pensamentos negativos e favorecendo que esta situación
lles sexa o máis levadeira posible.
Ademais, propuxémoslles a través das chamadas, diversas actividades para a súa realización
durante este período tales como:
Confeccionar un calendario con horarios e rutinas para que se marquen obxectivos. Poden encaixar algunhas das actividades que propoño a continuación. (Neste calendario é importante que introduzan tempos de descanso e chamadas a familiares ou xente que consideren)
Realizar actividades de voluntariado (cartas a persoas enfermas, facer mascarillas...)
Realizar un escrito coas súas reflexións diarias para despois comentalo na clase (niveis máis avanzados)
  • Intentar ler o periódico, revistas (niveis intermedios)
  • Ler panfletos de anuncios, supermercados (niveis máis baixos)
  • Realización de contas coas súas respectivas probas (sumas, restas, multiplicación e divisións).
  • Realización de manualidades con material de refugallo (bricks, latas, envases, entre outros). Viron vídeos sobre isto en clase.
  • Lectura de libros adaptados aos seus niveis
  • Realización de pasatempos (crucigramas, sudokus, sopas de letras)
  • Pintar mandalas
  • Cantar cancións típicas
  • Escoitar a radio e ver algún programa educativo e cultural na televisión (saber e gañar, National Geographic, entre outros)
  • Rememorar cancións da súa infancia
  • Xardinaría, se teñen plantas ou hortas
  • Realización de exercicios mediante as tarefas da casa (hixiene postural)
Todas estas actividades son moi funcionais, pero non son obrigatorias.
O obxectivo principal é que o alumnado poida despexar a cabeza e non pensar tanto nesta situación.
No que si que incidimos foi fundamentalmente na hixiene diaria de mans e, sobre todo,
en que eviten saír.
Aquí tendes o enlace a como lavar as mans correctamente

Ningún comentario:

Publicar un comentario