29 de mar. de 2020

Acordai! poñerse a bailar e ler a prensa

Entre os moitos vídeos que rulan estes días por Whatsapp, salvei este. Non sei quen canta pero a música é do compositor portugués Fernando Lopes Graça.


Se entrades no enlace aquí tendes a letra e a partitura para escoller as voces e cantar coa moza.


E esta xota-muiñeira vai para as bailadoras Faltriqueiras de Rodeira, para que sigan bailando en casa, e para quen queira botarlle uns pasos, que é boa maneira de manterse en forma e lidar menos.

Hoxe, na edición do Morrazo do Faro de Vigo, unha noticia que concerne ao instituto: as Pantallas en 3D de Rodeira
Por último, para informarse, un artigo interesante sobre a complexidade da expansión do Coronavirus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario