"Se chove...., que chova" foi o dito mais soado nos
corredores do Rodeira días antes da nosa visita á cidade de Tui.
Sabiamos que o pronóstico era invernal, porén viaxamos inzados de bo
ánimo. Vese que San Telmo botou unha man e co seu facho milagreiro
despexou a choiva ou sería a enerxía positiva do noso alumnado que non
defraudou, mais unha vez.

Os afortunados que escolleron o paseo en kaiak polo Miño levan dende entón nas súas retinas gravada unha vista privilexiada das dúas cidades amuralladas, Valença en Portugal e Tui en Galicia, unidas pola contemporandidade da Ponte Internacional, bandeira da arquitectura funcional e industrial en ferro de finais do século XIX.
Penso que todos temos hoxe no noso peto unha nova panorámica do vello e histórico Tui.

Ningún comentario:
Publicar un comentario