

Da man dunha guía excepcional como é Elena de Frutos, apaixoada e gran coñecedora do urbanismo e arquitectura do Vigo histórico, chegamos a apreciar a beleza e preciosismo da ornamentación modernista de moitas das fachadas ou a intención historicista de cada un dos edificos segundo a súa función, educamos ao ollo a distinguir a mestura de diferentes estilos e comprender a esencia do eclecticismo que caracterizou as obras dos grandes arquitectos do momento en Vigo, Jenaro de la Fuente, Antonio Palacios, Michel Pacewicz e Gómez Roman.

O día cumpriu cas espectativas e unha mañá morriñenta e chuviosa deu paso a unha tarde de ceos claros cunha bonita e intensa luz. Gozamos ca camiñada sabendo agora un pouco máis da historia dos edificios polos que pasamos de cotío sen case reparar neles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario