14 de feb. de 2019
FAMILIA MASSÓ, UNHA VISIÓN.... SER OS PIONEIROS NA INDUSTRIA CONSERVEIRA
Quedou escaso o aforo da multiusos para esta segunda charla. Viñamos pertrechados con espadas e cas estibas dos nosos buques baleiros para cargar caixas de salazóns a esgalla, excitados ca narrativa do noso último encontro e de repente, un xiro dos acontecementos nos deixou a pé cambiado e asistimos a outra face da historia. Nun ton mais sosegado nos sumerxiu no día a día da fábrica e na vida cotiá dos familiares da saga que liderou este proxecto Massó .... que xenial toque de timón. Agradecemos a xenerosidade de compartir con nós fotografías e películas de familia. Por cara, pel e sentimentos as persoas que axudan a contruir a nosa historia é darlle vida e esencia á mesma. Grazas de novo.
Aconsello ao público non crear espectativas sobre o terceiro dos encontros (agardo non sexa o último) e disfrutar da enerxía que transmite o narrador desta brava historia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario