30 de out. de 2017

Camiño do Samaín

O Samaín ven aí sinalando o final definitivo (?) do verán en pleno outono, o comezo do novo ano celta. Ven acompañado das figuras amablemente sinistras de trasnos, lobishomes, meigas, sapos, corvos, cobras, cabras, curuxas e moitos outros bichos amigos da noite. A santa compaña arrastra no seu peregrinar todo tipo de seres fantásticos por bosques profusamente habitados a través das trevas, do canto melancólico dos sinos e o voo das follas murchas. Toda unha celebración da vida e da morte que se collen da man entre saxos violíns e cantos susurrantes.
Preciosa animación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario