22 de xuño de 2017

Carmiña Vermella no Camiño de Santiago

Diante dun escenario colorido, que é un e diverso ao mesmo tempo, Carmiña, unha moza rebuldeira e saltarica que non para de falar, quere ir do Cebreiro a Compostela para levarlle á súa avoa unha cesta de manxares que lle deu a súa nai. Antes de saír atópase con Venancio, un astuto raposo que lle indica cara onde ten que ir enganándoa co truco de ir cambiando os sinais que marcan o camiño. Así Carmiña pasa por Mondoñedo, Carballiño, Laza, Vigo ou Cangas, descubrindo tesouros gastronómicos, tradicións, poetas e personaxes de cada sitio polo que pasa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario