28 de xuño de 2017

A mal tempo... festa!

Non hai mellor maneira de rematar o curso que cunha festa. Esta vez no pavillón por mor do vento e as ameazas de chuva.
Merenda, baile e música, que máis queremos?

Bailaron as Faltriqueiras do obradoiro de baile ao ritmo das gaitas, bombo e pandeireta.

 

Abaixo o grupo de gaiteiros desfilando coas bailadoras.


O alumnado foi un público moi formal
O grupo de cordas estreouse cun amplo repertorio. O silencio do público foi tan exemplar que poidemos escoitalos perfectamente no pavillón a pesar da reververación.

 


Despois das actuacións merenda e despois da merenda e como remate, tocou o violino Leonardo, un músico que nos acompaña desde hai anos nalgunhas das nosas festas e que entre outras músicas tradicionais tocou músia dos Balcáns.
 
Arriba Leonardo co violino e abaixo, para que o coñezades, o vídeo do grupo no que toca acordeón e que interpretan divertidas e trepidantes músicas balcánicas facendo honor ao nome "Taquikardia".



Ningún comentario:

Publicar un comentario