20 de maio de 2017

Un libro grande para meter a Casares


Nas Ensinanzas Básicas xuntáronse para realizar este enorme libro manuscrito sobre a vida e obra de Carlos Casares, autor que algunhas coñeceron de cando traballaba  en Rodeira no instituto e vivía en Cangas e ao que miraban pasear coa muller, Kristina Berg. Ao libro en EBI puxéronlle de título "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" considerada a primeira obra de teatro infantil en galego e que Casares escribiu máis ou menos pola época en que vivía no Morrazo, gañando con el o premio "O Facho".



E falando do Facho, avisamos de que o próximo 21 de xuño temos previsto facer unha subida alí para celebrar a chegada do verán. Quen queira vir que se apunte nos respectivos grupos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario