Aplaudimos a iniciativa de FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) que xa recibiu o premio do Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Rodeira no ano 2012 polo seu labor comprometido co galego, agora invitando a que comerciantes do Morrazo poñan nos seus escaparates o rostro e os versos de Rosalía con motivo do seu 180 aniversario.
Encantounos ver e ler os poemas sobre todo tipo de fondos mostrados nos distintos negocios.
E de vez en cando pillamos algún profe que se daba a volta para ver ou algunha alumna da tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario