Coñecer a contorna, o Morrazo e a
provincia é o obxectivo dun dos obradoiros que se desenvolven no noso centro.
Porque o coñecemento conleva valoración e a posta en valor da herdanza histórica,
medioambiental e lingüística é a premisa
básica para a súa conservación.
Hai uns catro mil anos alguén
gravou estes símbolos enigmáticos sobre as laxes nun código común a outras
culturas, pois existen labirintos similares ao de Mogor en lugares tan
distantes como Islandia, Finlandia ou Laponia. O seu significado préstase a
múltiples especulacións, que van desde a simple representación de limites
territoriais a interpretacións máis profundas relacionadas co inframundo ou mitos como o de
Teseo e o Minotauro. Tamén podería simbolizar o camiño do coñecemento interior,
a consecución dunha meta ou un destino.
En todo caso, o tema do labirinto esperta a nosa imaxinación e o simple feito de achegarnos a el intentando debuxalo xa é un pequeno paso para coñecelo e valoralo, que era a nosa primitiva intención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario