5 de nov. de 2015

Visita guiada ao Museo de Pontevedra

 Tarde de chuvia para pasar no museo tras un breve paseo polo casco antigo de Pontevedra.
Unha vez no Museo, un dos grupos en que nos dividiron recibíu explicacións sobre a exposición temporal "Senso Sublime" onde observamos parte do proceso de elaboración de esculturas feitas con diversos materiais.


 
A visita continuou por algunha das salas dedicadas á pintura desde o Gótico á actualidade do Sexto Edificio pasando despois ao Edificio Sarmiento onde nos detivemos na colección de louza de Sargadelos e nos fondos arqueolóxicos de Prehistoria e Arte medieval.
Cando foi restaurado este retablo gótico atopado en Castela revelou que a lingua orixinal en que estaba narrada a lenda era o galego.
Ao abrigo da chuvia xa de noite á saída do Museo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario