Rosalía, a nosa mítica rosa da poesía, miles de veces lida, cantada e recitada, nunca será o bastante celebrada. Os seus poemas poñen voz a tanta teima, como muller que foi, como escritora, como inmigrante, como galega e ante todo como ser humano sensible ao mundo que a rodeaba que sería difícil non nos identificar dun xeito ou outro con algún dos versos do seu universo.
Ela encetou unha revolución, non a dos cravos como en Portugal, pero si a das rosas, devolvendo ao pobo o que era do pobo, unha lingua de seu, e a través da lingua un sentir e un pensar propios da Galiza e das xentes que a habitan.
Por iso, si, poderiamos dicir, tod@s somos Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario