28 de nov. de 2014

Begoña Morgana, Begoña Merlín

"Tan profundo é o seu sono que ninguén de entre nós sabe se é morte ou repouso, pois cada día que pasa os seus brancos cabelos mestúranse máis coa xeada pousada na carriza do vello carballo ao que se arrimou cando decidiu retirarse a descansar".

Así escribira Begoña Caamaño a propósito de Merlín o Mago 
no comezo do seu libro "Morgana en Esmelle".

Begoña, viguesa do Calvario, xornalista e escritora, quen dixo un día nunha entrevista que, se poidese, quería ser Morgana, ven de entrar, como Merlín, outro dos personaxes do seu libro "Morgana en Esmelle", nun profundo sono que gostaríamos de pensar que non é morte, que é repouso.

Adeus, Begoña. Botaremos en falta todo o que quedaba por contar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario