17 de out. de 2014

A Raíña ou amanita dos césares



Non son patacas, nin nabos.                                                                   
É un cogumelo: a amanita caesarea ou amanita dos césares, que nace igual que outras amanitas dun ovo branco que ao abrir deixa restos na cutícula do sombreiro. Aínda que pode lembrar á muscaria, a diferenza desta, que é tóxica, a cesárea ten un sabor delicado e moi particular. Unha das setas máis procuradas e pouco encontradas, e nós tivemos a fortuna de probala grazas ao noso profe de micoloxía que as preparou en forma de carpaccio: cortadas finas, con aceite de oliva, sal e pementa e un chisco de zumo de limón.

Amanita cesarea dentro do seu ovo ou volva

Ningún comentario:

Publicar un comentario