9 de xuño de 2014

Viaxe á Bairrada


O fin de semana do 7 e 8 de xuño un grupo formado por alumnado de Adult@s, profes e acompañantes, realizamos unha saída cultural pola Bairrada, rexión do centro de Portugal situada ao sureste de Aveiro. Na foto, o grupo posa no conxunto megalítico contemporáneo do parque da Mealhada, escultura que lembra a estructura de Stonehenge con motivos inspirados en gravados presentes nos  castros e dólmens da costa atlántica peninsular, comúns á prehistoria galega e portuguesa.
 
Este é o cuarto ano consecutivo que saímos un fin de maio (esta vez foi xuño) para coñecer mais um bocadinho do país veciño, ou mellor dito do país irmán. Portugal. Cada curso movémonos nun radio que non pasa da distancia a precorrer nun máximo de catro horas de autobús. Xa fomos a Coimbra, Guimaraes, Aveiro. Esta vez tocoulle á Bairrada: Mealhada, Luso, Buçaco, Curia e algunhas freguesias de Anadia.  Arriba, o grupo en Luso.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario