15 de maio de 2014

Baile para fin de curso

"Falaime sólo
das muiñeiras,
daquelas voltas
revirandeiras
 daqueles puntos
que fan agora
de afora adentro,
de adentro afora."
Rosalía de Castro

Por iniciativa de Carmiña, alumna do obradoiro de Memoria, un grupo de alumnas e alumnos apuntouse a clases semanais de baile co fin de preparar unha muiñeira e unha xota para fin de curso. O tema non é doado pois se precisan concentración, coordinación, rapidez de reflexos e un pouco de ritmo; todo iso sen deixar de manter a postura, así que... brazos e pernas arriba, ghaitas ao lombo e a poñerse en forma!

O alumnado aprendendo a puntear
Carmiña Pérez impartíu durante moitos anos clases de baile tradicional en Cangas. Agora é ela a que asiste a clases nos obradoiros do IES de Rodeira, aínda que seguramente de vez en cando bota de menos ensinar

Ningún comentario:

Publicar un comentario