4 de abr. de 2014

Outro centenario: Margueritte Duras

Naceu un 4 de abril  en Saigón (actual Ho Chi Min), cumpriría agora 100 anos. Pasou a infancia e adolescencia en Indochina, cos irmáns e a nai, feito que inspirou moitas das súas obras. Estudou Dereito, Matemáticas e Ciencias Políticas. Desde 1932 vivíu en Francia onde casou e tivo un fillo que perdeu en 1942. Divorciouse. Tivo outro fillo,  militou no Partido Comunista do que foi expulsada en 1955, escribíu novelas e teatro. Deuse a coñecer coa novela Un barrage contre le Pacifique onde lembra a súa infancia. Outras novelas son Le ravissement de Lol V. Stein, Le Vice-cónsul, L'Amante AnglaiseDétruire, dit-elle, L'Amour e o texto India Song, que levou ao cine. Recibíu o Gran Premio de Teatro pola súa obra dramática e o Premio Goncourt coa famosa novela L'amant inspirada na súa adolescencia, e que retomou anos máis tarde con outra novela L'Amant de la Chine du Nord. É seu o guión da película Hiroshima, mon amour.

Nunha histórica entrevista (de 1984), despois de publicar "O amante",  fala da súa vida en Indochina, das experiencias co amor, o alcol e a política.

Entrevista a Marguerite Duras.Programa de TV Apostrophes

Ningún comentario:

Publicar un comentario