Décimo aniversario do Festival de Cans que non deixa de sorprender co seu glamour rural e desenfadado. Tras o pase de O Apóstolo, filme de animación -e de ánimas– paseáronse os monecos entre o público; vestidos con roupa natural son os protagonistas desta tarde. Os personaxes de O Apóstolo imitan actores como Luís Tosar ou Carlos Blanco, entre outros.
Ao final apareceron os chimpíns levando aos actores, directores e guionistas cara á alfombra vermella. Nós tamén marchamos cara a Cangas subindo ao autobús.
Ningún comentario:
Publicar un comentario